Saturday 11 de May de 2024

Actividades de Semana Santa


O Concello da Pobra do Caramiñal ten preparadas unha serie de actividades para desfrute de tódolos vecinos e veciñas do concello e para tódalas persoas que nos visiten nesta Semana Santa.

O pasado xoves deu comezo, nos xardíns de Valle-Inclán, A Nosa Feira, nela poderedes atopar unha serie de casetiñas con múltiples tipos de artesanía, ademáis, o propio concello dispón de tres de estas casetas:
– Unha cedida a artistas locais para exposición e venta da súa obra.
– Outra cedida a ONGs e asociación sen ánimo de lucro como a Protectora Moura, ONCOMET, A Creba, Mulleres en Acción,..
– E outra cedida ao C.C.A. Deán para a promoción do comercio local.
Ademais da Nosa Feira, na Pobra, esta Semana Santa podemos participar noutro tipo de actividades como:
– Visita guiada a Illa de Sálvora, o domingo 09
– Actuación no Cantón da Leña de Cé Orquestra Pastasma e obradoiro de xoguetes, o martes 11 ás 18.00h
– Visitas guiadas ao Museo Valle-Inclán o mércores 12 ás 11.00 e ás 17.00h
– Roteiro de sendeirismo “Circular da Pobra” duns 15km, xoves 13 ás 09.30h
– Roteiro guiado polo centro histórico, o sábado 15 ás 18.30h
– E para darlle a despedida a todas estas actividades e a Semana Santa, o domingo 16 teñen preparado un obradoiro de bailes do mundo na Praza do Emigrante ás 18.00h